A política pesqueira común e as comunidades costeiras de Galiciavisións desde a xeografía
- Piñeiro Antelo, María de los Angeles
- Xosé Manuel Santos Solla Codirector/a
- Rubén Camilo Lois González Codirector/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 06 de noviembre de 2015
- Eugenio Ruiz Urrestarazu Presidente/a
- María José Piñeira Mantiñán Secretario/a
- Román Rodríguez González Vocal
- Juan Carlos Rodríguez Mateos Vocal
- Arnt Floysand Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Esta Tese de Doutoramento aborda o estudo do impacto territorial da Política Pesqueira Común (PPC) en Galicia, a corto e medio prazo. Complétase a investigación do marco autonómico a través de estudos de caso que permiten ver a incidencia desta política en tres portos da provincia da Coruña, relevantes pola súa tipoloxía, e que se consideran representativos das comunidades costeiras galegas: Lira, Muros e Ribeira. Unha vez definido o marco teórico e os antecedentes do estudo, analízase como foi evolucionando a PPC, e tamén como se foron poñendo de manifesto, de maneira progresiva, os intereses particulares dos países membros da UE. Así, trátanse aspectos como o do nacemento e evolución desta política desde a firma dos Tratados de Roma en 1957; as primeiras medidas instauradas nos anos 1970 por Alemaña Occidental, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e os Países Baixos; os cambios producidos en 1973 pola entrada na Comunidade de países con importantes caladoiros como Dinamarca, Irlanda ou Reino Unido; e a conversión en 1983 da PPC nunha política común de pleno dereito. Detállase en especial o proceso e condicións pactadas para a entrada de España na Comunidade en 1986, e a repercusión que tivo para o sector en Galicia esta entrada tardía. Despois deste traballo inicial, construeuse un sistema de indicadores para estruturar e afondar na evolución do sector pesqueiro galego desde a entrada na CEE. Con todo este proceso de documentación realizado procedeu a contrastarse a hipótese central do traballo, que pode definirse nos seguintes termos: nos municipios costeiros de Galicia foron moi similares os mecanismos de actuación dos diferentes actores locais, tanto nos procedementos para obter financiamento, como no emprego dos fondos comunitarios. Só nalgúns casos, moi meritorios, os axentes locais conseguiron obter destas axudas, e do novo marco normativo, un input que repercutiu claramente na mellora das condicións socioeconómicas da súa comunidade, no desenvolvemento de estratexias de diversificación produtiva, e na implicación da poboación local na xestión do cambio. No resto do país, a ausencia de plans estratéxicos locais de desenvolvemento que permitisen articular as diferentes actuacións e investimentos, propiciou o desenvolvemento dunha serie de actuacións individuais, sen conexión entre elas, e que non conseguiron avances significativos na fortaleza económica local.